Artigos respectuosos co medio ambiente. Bolsos, carteiras, portafolios, transportíns, neceseres, xogos e moito máis, elaborados a partir de materiais reciclados.
Creamos artigos e complementos a raíz de retallos téxtiles
Aproveitamos materiais aos que lles damos unha nova vida, creando pezas duradeiras, respectuosas e con estilo. Movemos fíos desde o noso taller de Arzúa, en Galicia, para tecer un mundo máis sostible.
Pezas atemporais, bonitas, de calidade e duradeiras.
Galicia é inspiración
É a terra que alimenta a nosa creatividade.
A nosa historia
Moheva nace da creatividade e do compromiso co medio ambiente do equipo de TGM-Toldos Gómez, empresa líder no sector en Galicia. Coa idea de facer a súa actividade máis sostible, as nosas compañeiras e compañeiros empezaron a crear a partir de retallos téxtiles, sobrantes da fabricación de lonas e toldos.
A primeira semente foron bolsos, carteiras e outros complementos de moda. Gustaron moito e a partir de aí chegou todo o demais, un pequeno universo de artigos con valores, feitos con materiais reciclados, chamado Moheva.
Envíanos a túa mensaxe e responderemos o antes posible
Protección de datos persoais (RGPD 2016/679 e LOPDGDD 3/2018)
RESPONSABLE: TOLDOS GÓMEZ, S.L.;
FINALIDADE: atender á solicitude ou consulta da persoa interesada e no seu caso, enviarlle información relacionada sobre os produtos de MOHEVA- TOLDOS GÓMEZ, contando co seu consentimento;
DESTINATARIOS: non se cederán datos a terceiros;
DEREITOS E INFORMACIÓN ADICIONAL: permítese o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación ou supresión, entre outros. Toda a información atópase accesible na información detallada da nosa Política de privacidade.